RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Andone: "O único que podo é pedir desculpas pola imaxe que demos nestes partidos"

Florin Andone e Sidnei atenderon aos medios de comunicación na zona mixta do Estadio de Riazor.

"O único que podo facer é pedir desculpas persoalmente e en nome de todo o equipo pola imaxe que demos nestes partidos. Tentaremos neste últimas catro finais dar o mellor de nós para que nos vaiamos todos cun sabor un pouquiño máis doce para o final de tempada. Pedirlles perdón, agachar a cabeza e o que digan aceptalo, porque están no seu dereito", sostén o internacional romanés.

Reitera Andone, un dos futbolistas máis queridos polo deportivismo, que "o público é libre de pitarnos porque ultimamente non estamos a transmitir un bo xogo e os resultados tampouco acompañan. É de agradecer a xente que vén aquí cada fin de semana, apóianos e sempre está connosco".

Pola súa banda, Sidnei cre que "o que temos que facer agora é traballar e prepararnos ben para o domingo, e conseguir a vitoria".

Cre o central brasileiro do Dépor que agora "hai que levantar a cabeza, non temos tempo para queixarnos porque o domingo temos un partido moi importante onde nos estamos xogando a tempada".