RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anita e Estefi renovan un ano co Dépor Abanca

A porteira Ana González Rivera "Anita" e a dianteira Estefanía Pabst Fernández "Estefi" formalizaron a súa renovación por unha temporada co Dépor Abanca, polo que defenderán a camiseta branquiazul na campaña 2017-2018 na Segunda División Nacional.

Deste xeito, o Deportivo Abanca '17-'18 xa conta con nove futbolistas no equipo: Anita, Estefi, Miriam, María Corral, Nuria, Raquel Béjar, Tere Abelleira, Kika Moreno e Gaby García.

Nos próximos días continuarán as firmas de renovacións con xogadoras do primeiro equipo feminino do Dépor.