RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

#ANOSACANTEIRA brilla en Elviña, Vigo e Huesca

Os equipos branquiazuis: Cadete A, Infantil A, Infantil B, Alevín A, Alevín B e Benxamín A, compiten este Nadal en Zaragoza, Huesca, Vigo, Roma e A Coruña.

Na Aragón Cup, Cadete A e Infantil B xogaron hoxe venres no Estadio do Alcoraz (Huesca) as finais das súas respectivas categorías, con vitoria para o primeiro e medalla de prata para o segundo; e no campo coruñés de Elviña, o Benxamín A adxudicouse onte xoves o Torneo de Nadal do Ural.

Hoxe venres competiron o Alevín A en Elviña e o Alevín B no campo Manuel Pahiño de Navia (Vigo).

Cadete A e Infantil B estiveron a gran nivel na Aragón Cup

Dous equipos do RC Deportivo (Cadete A de División de Honra e Infantil B de Primeira División Autonómica) disputaron hoxe venres as finais da Aragon Cup 2016 en Zaragoza e Huesca.

O Cadete A levou o ouro e o Infantil B, a medalla de prata, nun gran torneo de ambos os equipos.

Os resultados do Cadete A na Primeira Fase foron os seguintes:

Mércores 28 de decembro
CADETE A 1 (Pichu) - EM EL OLIVAR A 2
CERDANYOLA FC B 0 - CADETE A 5 (Pichu -2-, Ernesto, Dani e Alex)

Xoves 29 de decembro
Cuartos de final
CADETE A 3 (Pichu, Ernesto e Bruno) - OSASUNA 0

Semifinal
CADETE A 1 (Pichu) - VALENCIA 0

Venres 30 de decembro
Final
CADETE A 1 (Pichu) - CD EBRO 1. Por penaltis: 3-2

Os resultados do Infantil B na Primeira Fase foron os seguintes:

Mércores 28 de decembro
INFANTIL B 4 (Adrián Lombao, Quique, Trigo e Roque) - SD HUESCA B 0
INFANTIL B 8 (Quique, Hugo Baldomar, Trigo, Xosé, Dani -2- e Iván -2-) - CP CALASANCIO 0

Xoves 29 de decembro
Cuartos de final
INFANTIL B 3 (Hugo Baldomar, Sergio e Trigo) - PENAS OSCENSES 1

Semifinal
HUESCA 1 - INFANTIL B 2 (Quique e Trigo)

Venres 30 de decembro
Final
INFANTIL B 1 (Iván) - OSASUNA 3

Alevín A e Benxamín A, gañadores do Torneo do Ural

O Alevín A e o Benxamín A do Deportivo gañaron o Torneo de Nadal do Ural, que tivo como escenario o campo de Elviña (A Coruña).

Así, o Alevín A tivo estes resultados:

Primeira Fase
ALEVÍN A 3 (Meki -2- e Domínguez) - SANTIAGO DE COMPOSTELA 0
XUVENTUDE DE OROSO 0 - ALEVÍN A 3 (Carlos, Noah e Mella)
EF LALÍN 0 - ALEVÍN A 6 (Marco Baña, Mella, Monteagudo -2-, Noah e Meki)

Semifinal
ALEVÍN A 4 (Carlos, Mella, Marco Baña e Diego) - CELTA 0

Final
ALEVÍN A 5 (Noah, Meki -2-, Barral e Carlos) - XUVENTUDE DE OROSO 0

Ademáis, o deportivista Carlos Rodríguez foi elixido mellor xogador do torneo.

Pola súa banda, o Benxamín A foi campión onte xoves do torneo, con estes resultados:

Primeira Fase
BENXAMÍN A 3 (Álex, Jairo e Dani) - ORILLAMAR 0
VICTORIA 1 - BENXAMÍN A 3 (Eli -2- e Jairo)
BENXAMÍN A 4 (Jairo -3- e Dani) - CALASANZ 1

Semifinal
LUÍS CALVO 0 - BENXAMÍN A 2 (Marcos e Dani)

Final
BENXAMÍN A 3 (Jairo -2- e Pablo Fernández) - URAL 2

O Alevín B, cuarto clasificado do Torneo Concello de Vigo

O Alevín B branquiazul xogou hoxe venres 30 de decembro o Torneo Concello de Vigo, no Municipal de Pahíño en Navia.

Acabou o cadro deportivista nunha meritoria cuarta posición.

Os resultados do Alevín B foron os seguintes:

Primeira Fase
LUGO A 2 - ALEVÍN B 3 (Pablo, Lucas e Guerreiro)
SANTA MARIÑA 1 - ALEVÍN B (Estévez -2-)

Semifinal
PABELLÓN 2 - ALEVÍN B 1 (Lucas)

Terceiro e cuarto posto
ALEVÍN B 2 (Óscar e Álvaro) - SANTA MARIÑA 3

O Infantil A comezará 2017 cun torneo amigable en Roma

O próximo domingo 1 de xaneiro de 2017, o Infantil A do Deportivo, que compite na Liga Galega, viaxará a Roma (vía Madrid) para competir nun torneo amigable de fútbol once organizado polo clube italiano GSD Nuova Tor Tre Teste.

O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co FC Inter, o SS Lazio e o Margine Coperta.

O calendario da Primeira Fase é o seguinte:

Luns 2 de xaneiro de 2017
17:00: INFANTIL A - FC INTER (campo Francesca Gianni)

Martes 3 de xaneiro de 2017
19:00: SS LAZIO - INFANTIL A (campo Francesca Gianni)

Mércores 4 de xaneiro de 2017
15:00: INFANTIL A - MARGINE COPERTA (campo de Candiani)

O primeiro clasificado disputará as semifinais, que se xogarán o xoves 5 de xaneiro.