RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela: "Estamos convencidos de que estamos a facer as cousas relativamente ben e que imos saír adiante"

Juan Antonio Anquela asegurou esta mañá en rolda de prensa en Abegondo que "nós estamos convencidos de que estamos a facer as cousas relativamente ben e que imos saír adiante. Téñoo máis que claro, clarísimo, porque os rapaces así mo din cada día que adestran, cada día que van competir".

O técnico deportivista insiste en que "nunca debemos perder" o partido do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante o Albacete Balompé: "O único que hai que facer é levantarse e pensar no seguinte. E niso estamos".

Reitera que "desde a segunda parte de Vallecas, o equipo ha ir nunha liña ascendente en todas as facetas do xogo. O que pasa é que cometemos erros e os erros son moi graves. Cométense nas dúas áreas. O outro día concedemos atrás un par de opcións pero diante tivemos claras e non fomos capaces de facelas". "O equipo competiu a segunda parte en Vallecas, a primeira parte co Oviedo e competiu case todo o partido co Albacete", engade.

E competir, para Anquela é "primeiro xogar ben ao fútbol; segundo estar ben situados e crer no sistema que se está xogando; actitude; e se metes o acerto tamén, a palabra competir darache bos resultados".

A pesar de haber tres partidos nunha semana por diante (domingo 15 en Xixón, mércores 18 en ABANCA-RIAZOR e sábado 21 en Cádiz), Anquela asegura que "non me interesa o que vén. Non estamos agora mesmo para mirar máis aló. Temos que mirar ao Sporting, e cando pase o Sporting pensaremos no seguinte. É evidente que está así o calendario e teremos que usar a bastante máis xente. Pero o que interesa é o Sporting".

Do choque deste domingo 15 de setembro en El Molinón (21:00 horas, Gol), o adestrador branquiazul advirte que "o Sporting fixo un bo equipo. Está a xogar relativamente ben ao fútbol. É un equipo complicado. Está feito para acabar arriba e pode estalo, como outros moitos".

Ademais, cre que o Dépor "ten que cortar unha xeira que agora mesmo é moi mala. Os dous últimos partidos ademais inxusta, a tenor do que traballamos. Pero isto funciona así. Hai que levantarse, estar tranquilos. Iso é moi fácil, estar todos xuntos e sufrir como require cada partido en Segunda".

Nesta liña, lembra que "para gañar un partido en Segunda División hai que facer moitas cousas ben e ter a sorte necesaria, que creo que o sábado non a tivemos nin dentro do campo nin fóra".