RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela insiste nun Deportivo "ousado, atrevido"

Juan Antonio Anquela cualificou esta mañá na sala de prensa de Abegondo como "moi bonito" xogar mañá sábado 10 de agosto (21:00 horas) a LXXIV edición do Trofeo Teresa Herrera en ABANCA-RIAZOR, "un trofeo tan importante. Para min é moi bonito e oxalá que todo salga ben", engade.

O técnico deportivista quere ver mañá ante un 'Primeira División' como o Real Betis "un equipo atrevido, que faga o que practicamos cada día. A ver se seguimos asimilando conceptos e crecendo como equipo".

O seu desexo é que mañá o deportivismo vexa no decano dos torneos estivais "un equipo para tratar ao Betis de ti a ti. E oxalá o consiga".

Precisamente cualifica de "moi esixente" este último test do verán: "Imos xogar cun gran equipo, que sabe o que quere e que xoga ben ao fútbol. É evidente que vai ser complicado. Pero usaremos as nosas armas e imos ver se somos capaces de competir e facelo a bo nivel".

No seu modelo, asegura que "a iniciativa do futbolista non lla vou a cortar xamais". Partindo desta premisa insiste nun Dépor "atrevido, ousado, que tente xogar o máis lonxe da nosa portería que nos permita o rival".

Anquela insiste en que quere "competir. ¿Como? Tendo a toda a xente implicada e a toda a xente que crea neste novo proxecto no Dépor. Creo que o imos a facer e ímolo a facer bastante ben".

Leva desta pretemporada que conclúe "sensacións positivas. Estamos a ver xente que estaba aí como os rapaces. O equipo está a dar un bo nivel, facemos o que se traballa. A ver se somos capaces de armar un bo equipo".

Agora toca ao Deportivo "ir crecendo e mellorando. Porque a categoría na que imos competir é esixente non, o seguinte".

Advirte iso si que quedan "dúas ou tres semanas para pechar o mercado e pode pasar calquera cousa. Espero que a nós nos pasen e que sexan boas".

Precisamente dos fabrilistas que están ás súas ordes cada día no primeiro equipo espera "moito, porque cada día me están demostrando o que realmente levan. Eu creo que aí hai bos futbolistas capaces de competir como o fixeron o outro día (en Luarca ante o Unionistas de Salamanca CF). Se teñen que xogar, xogarán. Téñoo clarísimo. E se non esperarán e cando chegue o seu momento, estou convencido de que o farán máis que ben".