RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Anquela sostén que o punto sumado sabe "a xustiza, a esforzo"

Juan Antonio Anquela manifestou na sala de prensa de El Molinón que o punto colleitado esta noite sabe "a xustiza. E sabe a esforzo. O equipo non deixou de traballar e de facer as cousas ben. Do que podemos facer, creo que fixemos todo ante un bo rival como é o Sporting, que concede pouco. Xeramos ocasións suficientes para non perder este partido, que foi ao final e desta maneira".

O técnico deportivista insiste en que "estamos a traballar bastante ben. Levamos dous partidos e medio facendo as cousas con moito criterio, con moita personalidade e querendo xogar ao fútbol". "Confiamos no que estamos a facer e non nos imos a vir abaixo por nada do mundo", subliña.

Explica así os cambios na segunda metade: "Habemos ir quitando xente que tiña cartón, xente que estaba un pouco cansada. Acabamos con Borja de lateral dereito e nada máis, porque tiñamos que empatar. Tiñamos que tentalo até o último segundo. Hoxe tivemos a fortuna que se require porque se require fortuna".

Recoñece que tralo descanso "arriscamos. Xogamos con toda a xente ofensiva que tiñamos. Non podiamos consentir que seguise desa forma. Tiñamos que tentalo. Se nos metesen o segundo, pois mala sorte. Non nolo meteron. Tivemos un par de opcións boas pero estabamos perfectamente organizados. Non deixamos a liña de 4 xamais. O único é que metemos a Borja Galán de lateral dereito. Tiñamos por diante a Mollejo e unha segundo punta que era Koné. Na outra banda xogaba Saša (Jovanović) e arriba Christian. O que pasa é que habemos ir para arriba con todo, cos dous laterais arriba e quedándonos un para un atrás. Fixemos o que debiamos porque tiñamos que ir á heroica. Hoxe saíunos ben e outros días meterannos o segundo e será todo malo".

Da acción do penalti, Anquela confesa que "tiña ganas de que fose penalti, pero velo... Eu vin unha acción moi parecida á do domingo pasado. Pero non sei se lle deu na man. Se logo vírono supoño que lle deu".

Preguntado polo Sporting, o adestrador branquiazul subliñou que "ten moi bo equipo e hoxe xogou ben. Pero o que pasa é que nós en moitas fases do partido tivemos o balón e se me apuras fomos mellores que o Sporting. Sen ser excesivamente superiores a eles, creo que fomos mellores".

Finalmente, cualifica a xogada que deu orixe ao gol sportinguista como "un cúmulo de erros tremendo. Pero non quedo con iso. No descanso díxenlles aos meus rapaces que iamos remontar, que o estabamos facendo ben. ¿Que era difícil? Sabiámolo, porque o Sporting sabe xogar co marcador a favor".