RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Ao líder Cadete B escápaselle o triunfo ante o Galicia Caranza a 2 minutos do final

O Galicia Caranza sorprendeu ao Cadete B en Abegondo (2-2) cun empate colleitado a 2 minutos para o final do encontro, cando todo indicaba que os branquiazuis podían amarrar os 3 puntos.

Os ferroláns, ben plantados en defensa e efectivos en ataque, frearon aos deportivistas, que non lograron despegarse no marcador a pesar dos tantos de Domínguez e Iván.

Con este resultado correspondente á 13ª xornada no grupo norte da Liga Galega, o Cadete B mantén o liderado da categoría con 35 puntos.

Cadete B: Manu, Alexis, Monteagudo, Carlos Iglesias, Xosé, Andón, Mardones, Marcote, Lombao, Iván e Domínguez. Tamén xogaron: Zoe, Marco Baña, Sierra y Jorge García.

A próxima fin de semana, o Cadete B visitará ao San Tirso SD B.

Os resultados até a data do equipo de David Lagar son os seguintes:

CD Calasanz 1 - Cadete B 1 (Hugo García)
Cadete B 7 (Fer, Raúl, Carlos, Matos -2-, Domínguez e Mardones) - CD Lugo B 0
Escola Estrada Fútbol Base 1 - Cadete B 2 (Xosé e Mella)
Cadete B 2 (Hugo Matos e Mardones) - EFM Concello de Boiro 0
Cadete B 2 (Hugo Matos e Nico) - CD Conxo Santiago B 0
Atlético Coruña Montañeros CF 1 - Cadete B 2 (Iván -2-)
Cadete B 7 (Pablo Parada, Sierra -2-, Marcote, Domínguez e Iván -2-) - Racing de Ferrol B 0
Ural CF B 2 - Cadete B 3 (Iván, Seydiba e Mella)
Cadete B 5 (Monteagudo, Mato -2-, Mardones e Iván) - Bergantiños CF B 1
SCD Milagrosa 0 - Cadete B 2 (Marco Baña e Mardones)
Cadete B 5 (Matos -2-, Marco Baña -2- e Fer) - Imperátor OAR 0
SD Compostela 3 - Cadete B 5 (Sierra, Matos -2-, Mella e Iván)
Cadete B 2 (Domínguez e Iván) - Galicia Caranza 2