RCD / NOVAS

Aprazado o Dépor ABANCA B - CD Valladares desta fin de semana

20/11/2020 17:29

O Xuíz de Competición da Real Federación Española de Fútbol atendeu a solicitude do CD Valladares para o adiamento do partido programado para mañá ás 16:30 h. no campo 5 de Abegondo fronte ao Deportivo Abanca B de Primeira Nacional.

Un caso positivo por COVID-19 detectado no equipo e os días de illamento que deben cumprir os contactos estreitos do devandito positivo dentro do cadro motivaron esta solicitude para que non se dispute o partido da quinta xornada da temporada, que será fixado en "unha nova data o máis próxima no tempo que se determinará por este órgano cando se acrediten todas as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".