RCD / NOVAS

Aramark explotará os bares de Riazor ata 2025

26/06/2017 20:15

A multinacional norteamericana Aramark será a encargada de explotar os bares de Riazor desde o 1 de xullo de 2017 e ata o próximo 30 de xuño de 2025.

A nova concesionaria realizará unha reforma total dos espazos de servizo de alimentación de cada unha das bancadas de Riazor, situándoos na vangarda da restauración en recintos deportivos.

Ademais, aumentará a carta de produtos e servizos dispoñibles para todos os afeccionados que acudan ao estadio de Riazor nos eventos organizados no mesmo.

Aramark é líder mundial en servizos de restauración para eventos deportivos. Unha compañía que baixo a lema “we dream, we do” foi capaz de crear e ofrecer un servizo de calidade, consistente e repetible nos maiores eventos deportivos a nivel internacional. Entre todos os seus servizos e clientes, Aramark lidera a xestión da restauración en campos de fútbol, clubs e estadios en todo o mundo, como o Estadio Santiago Bernabeu e a Cidade Deportiva do Real Madrid, o Estadio da Rosaleda do Málaga Club de Fútbol, o RCDE Stadium e en Europa o Signal Iduna Park, o estadio do Borussia Dortmund. Ademais de pavillóns de baloncesto, balonmán ou béisbol.

Tamén en EEUU cos New York Giant no Metlife Stadium ou os Boston Red Sox en Fenway Park.

Ademais, Aramark ofrece os seus servizos ao Comité Olímpico Internacional, co que traballa desde 1968, o Circuit de Catalunya, desde o ano 2000, Campionatos Mundiais de Natación, Taekwondo, Balonmán, entre outros deportes; finais da Copa Davis e Copa do Rei, Moto GP ou mesmo as Xornadas Mundiais da Mocidade en 2011 onde Aramark entregou 1 millón de picnics aos asistentes durante un fin de semana.

Eventos de lecer e deportes que valeron a Aramark o recoñecemento como empresa de confianza, profesional, transparente e responsable. Aramark é unha empresa capaz de ofrecer unha experiencia única e inesquecible. Algo posible grazas á innovación en conceptos gastronómicos que se adaptan a calquera perfil de consumidor, a aposta por unha imaxe máis moderna e dixitalización dos puntos de venda de alimentación, e novas propostas de food-service que permiten gozar ao máximo de cada evento.