RCD / NOVAS

As entradas para o Teresa Herrera pódense adquirir desde mañá na OAD

27/07/2017 18:57

As entradas de público para o Trofeo Teresa Herrera, que terá lugar o vindeiro sábado 5 de agosto, poranse á venda mañá, venres 28 de xullo, na Oficina de Atención ao Deportivista.

Unicamente venderanse entradas de público para catro bancadas: Tribuna Superior, Tribuna Inferior, Preferencia Superior (todas a 20 euros) e Marathón Superior (10 euros).

Ao atoparse en plena campaña de abonos 2017-2018, aqueles afeccionados que desexen unicamente entradas para o decano dos trofeos de verán non deberán esperar cola, pois serán atendidos no interior da OAD.

O devandito billete é válido para presenciar os catro encontros que se disputarán no Estadio ABANCA-RIAZOR ao longo do 5 de agosto.

O calendario de partidos é o seguinte:

16:30: Finais Prebenxamín e Benxamín do XXII Mini Teresa Herrera de Fútbol-8
18:15: V Trofeo Teresa Herrera Feminino (Deportivo ABANCA - Athletic Club)
20:30: LXXII Trofeo Teresa Herrera (RC Deportivo - West Bromwich Albion)

O horario de venda de entradas é de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, de luns a venres.