RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As Fundacións Cofares e RC Deportivo, xuntas para que nenos en risco de exclusión social participen nos DéporCampus Cabreiroá

Co obxectivo de fomentar a práctica deportiva entre os máis novos, a Fundación Cofares asinou un convenio de colaboración coa Fundación Real Club Deportivo. Grazas a este acordo, a Fundación Cofares vai facilitar 30 inscricións gratuítas dirixidas a nenos en risco de exclusión social para participar nos DéporCampus Cabreiroá 2019.

Esta colaboración forma parte do compromiso da Fundación Cofares de promover e, mesmo, financiar iniciativas de carácter benéfico e social en diferentes áreas, entre as que se atopa a vida sa e o deporte, como ferramenta de benestar, cohesión e motivación.

Os DéporCampus Cabreiroá 2019 son campamentos de fútbol para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos, que se celebran en xuño e xullo en diferentes sedes de Galicia e Cantabria: Abegondo, As Pontes, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Camargo, Cuntis, Monforte, Ourense e Viveiro. En total, serán seis semanas nas que os participantes poderán non só gozar da súa modalidade deportiva favorita, senón tamén aprender valores como o xogo limpo, o respecto polo rival, o esforzo, a solidariedade e a amizade a través do deporte.

Impartidos por adestradores do Real Club Deportivo, a través do método Dépor, permiten que os rapaces aprendan habilidades e conceptos en relación co propio corpo, o balón e o opoñente, así como aspectos relacionados coa coordinación. Todo iso, nunha contorna lúdica no que aprendizaxe e diversión danse da man para que os asistentes gocen dunha experiencia inesquecible.

Os nenos en risco de exclusión social e/ou menores refuxiados que serán os beneficiarios do programa son aqueles que se atopan nos diferentes programas xestionados por Cruz Vermella Española na Coruña. Será Cruz Vermella quen determine os beneficiarios das devanditas prazas segundo o seu criterio de imparcialidade e acción social. Así mesmo, a Fundación Cofares dotará de boticas de primeiros auxilios as distintas sedes onde se desenvolvan os DéporCampus Cabreiroá 2019.