RCD / NOVAS

As futbolistas do Dépor ABANCA e do EDF Logroño exercen o seu dereito á folga e non se presentaron en Abegondo

17/11/2019 15:02

O Deportivo ABANCA tiña cita co EDF Logroño na Cidade Deportiva, hoxe domingo 17 de novembro ás 16:00 horas (Gol), en partido correspondente á 9ª xornada na Primeira Iberdrola.

Facendo uso do seu dereito á folga, as futbolistas do Dépor ABANCA e as do EDF Logroño non se presentaron na Cidade Deportiva.

O cadro branquiazul adestrarase de novo en Abegondo mañá luns 18 de novembro ás 17:00 horas.