RCD / NOVAS

As internacionais Gabriela García e Kika Moreno, na Coruña para unirse ao Dépor Abanca

31/01/2017 20:07

As xogadoras internacionais venezolanas Gabriela García e Lourdes "Kika" Moreno aterraron este mediodía na Coruña para ultimar os detalles do seu incorporación á disciplina do Dépor Abanca.

Pendentes de pasar nas próximas horas o recoñecemento médico no hospital HM Modelo, as xogadoras xa están na cidade e tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións do Real Club Deportivo no Estadio de Riazor.

Lourdes "Kika" Moreno (Barinas, Venezuela. 25 de xaneiro de 1997) é centrocampista, procedente de Lara FC e foi xa internacional absoluta coa vinotinto.

Gabriela García (Tunapuí, Estado Sucre, Venezuela. 2 de abril de 1997) xoga como dianteira e procede do Estudantes de Guarico FC e é internacional sub-20.