RCD / NOVAS

As Nosas participan nunha xornada de integridade de LaLiga en ABANCA-RIAZOR

03/03/2020 20:48

A área 1906 de ABANCA-RIAZOR acolleu, á primeira hora desta tarde, unha charla de Integridade para As Nosas a cargo de Pedro Varas, responsable de Integridade de LaLiga, que onte impartiu o mesmo curso en Abegondo ao cadro do Fabril.

Como é habitual nestas actividades, a xornada tratou aspectos relacionados coa predeterminación e manipulación de resultados, amaño de partidos e apostas deportivas.

Pola súa banda, o asesor xurídico e responsable de cumprimento normativo do Club, Óscar Rama, fixo unha presentación do Código Ético da entidade e de todos os protocolos internos de cumprimento normativo desenvolvidos, aprobados e implantados desde fai catro temporadas e que aplican a todos os empregados e futbolistas do Real Club Deportivo.

Posteriormente, Manu Sánchez e as xogadoras que esta semana están na cidade, trasladáronse a La Casa del Agua para levar a cabo a sesión de recuperación prevista.