RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

As venezolanas Kika Moreno e Gabriela García asinan co Dépor Abanca

As xogadoras internacionais venezolanas Gabriela García e Lourdes 'Kika' Moreno asinaron esta tarde o seu contrato como futbolistas profesionais do Deportivo Abanca, seguindo os pasos de Tere Abelleira e Raquel Béjar.

A terceira e cuarta xogadoras profesionais do Dépor Abanca rubricaron a súa nova relación contractual na sede do Deportivo co presidente Tino Fernández, nunha nova mostra da firme aposta do RC Deportivo polo deporte feminino e por converter este proxecto nunha referencia no fútbol galego e español.

Lourdes 'Kika' Moreno (Barinas, Venezuela. 25 de xaneiro de 1997) é centrocampista, procedente do Lara FC e foi xa internacional absoluta coa 'vinotinto'.

Gabriela García (Tunapuí, Estado Sucre, Venezuela. 2 de abril de 1997) xoga como dianteira e procede do Estudantes de Guarico FC e é internacional sub-20.