RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Athenea del Castillo seguirá no Dépor ABANCA unha campaña máis

A dianteira Athenea del Castillo asinou a súa renovación co Deportivo ABANCA por unha temporada máis, até xuño de 2021.

Athenea, que o próximo mes de outubro cumprirá 20 anos, chegou ao equipo branquiazul o pasado verán procedente do CDE Racing Féminas.

A dianteira cántabra xogou como titular 13 dos 20 partidos que o Deportivo ABANCA disputou até o momento na súa estrea na Primera Iberdrola. Ademais, saíu desde o banco noutros 4 máis, para totalizar 17 presenzas. Athenea marcou 2 tantos e entregou 6 pases de gol, que a converten na máxima asistenta do equipo igualada con Teresa Abelleira.

A rapaza internacional sub-20 tamén disputou como titular os dous partidos do conxunto branquiazul na Copa da Raíña, o de oitavos de final en ABANCA-RIAZOR fronte ao Valencia CF Femenino (7-2) e o de cuartos de final no Estadi Johan Cruyff ante o FC Barcelona (1-0). Ademais, no primeiro deles foi a autora do gol que abriu o marcador.