RCD / NOVAS

Athenea e as 4 internacionais entran na lista do Dépor ABANCA para recibir mañá ao Rayo Vallecano

11/10/2019 19:13

O Deportivo ABANCA retoma a competición coa visita do Rayo Vallecano a Abegondo, mañá sábado 12 de outubro (18:00 horas, #Vamos), correspondente á 5ª xornada na Primeira Iberdrola.

As madrileñas, un dos conxuntos clásicos da categoría, foron capaces de frear nesta temporada ao Barça, que non pasou do empate na 2ª xornada en Vallecas.

As deportivistas son actuais colíderes da Primeira Iberdrola co FC Barcelona, ambos os equipos con 10 puntos.

Na lista de convocadas están as 4 internacionais que tiveron compromisos coas súas seleccións neste parón ligueiro: María Méndez, Kika, Gaby e Michelle Romero; ademais de Athenea, recuperada da súa lesión muscular.

Queda fóra da convocatoria de maneira obrigatoria por lesión Erika.

Prezos das entradas de público

Para o partido o Real Club Deportivo pon a disposición dos afeccionados, e dos socios que queiran ir acompañados, 400 entradas: 200 para público en xeral a 10 euros e 200 para acompañantes de socio a 5 euros. Todos os socios do Deportivo poden acceder libremente ao partido ensinando o seu carné da temporada, até completar aforamento.

As entradas están dispoñibles mañá sábado, día do partido, desde as 17:00 nos despachos de billetes da propia Cidade Deportiva.