RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Atopamos os nosos defectos, as cousas que temos que facer para mellorar", sostén Dani Giménez

Dani Giménez confesou aos medios de comunicación, após recibir o Premio ao Xogador Estrella do mes de novembro, que prefire que "destaquen outros compañeiros. Será que o obxectivo do ascenso está máis próximo, que o equipo está mellor. Sobre todo cando destacan os dianteiros é que estamos a meter goles. Ao final a afección está máis tranquila e os propios xogadores tamén".

Do partido do próximo sábado 22 de decembro en Cádiz (20:45 horas, Movistar Partidazo), o porteiro deportivista lembra que "levamos tentando tempo gañar fóra de ABANCA-RIAZOR. Ás veces pois con mellor xogo e outras veces sacando puntos como podiamos. Ao final, os equipos apertan".

Advirte que o Cádiz "é un equipo que levaba unha boa xeira, que se cortou a pasada fin de semana, de 7 partidos seguidos gañando. Iso non é nada fácil de facer. Teñen un estilo de xogo moi definido, practicamente non varían do rival que se enfronten". "Véxoo moi ben, coas cousas moi claras. Vai ser un serio candidato a pelexar polas prazas de arriba", engade.

Para tentar puntuar no Estadio Ramón de Carranza, cre necesario que "esa melloría que tivemos en certas facetas en casa o outro día, pois plasmalas tamén fóra de ABANCA-RIAZOR".

Insiste en que o vestiario "non se come a cabeza" despois de varios meses sen gañar lonxe da Coruña, pero "é certo que o equipo quere gañar fóra de casa. Tampouco tes que obsesionarche porque se te obsesionas ao final empezas a prestar atención a datos, a porcentaxes, a estatísticas".

Queda nos últimos partidos lonxe de ABANCA-RIAZOR coa sensación de que "podiamos sacar máis puntos pero tamén xogar mellor. A maneira de conseguir eses 3 puntos fóra de casa é xogar máis e ser máis dominante".

Iso si, como terceiro mellor equipo a domicilio en LaLiga 1|2|3, Dani Giménez insiste en que "a nosa sensación, desde a autocrítica, debe ser a de mellorar. Temos que gañar máis fóra de casa. Se es forte en casa e fóra vas gañando partidos, fai que se os demais equipos non están ben, póidasche ir distanciando. Estamos moitos equipos nun puño e estes matices fanche descolgarche".

Na súa opinión, o Deportivo "debe levar máis o peso do partido. O outro día contra o Zaragoza demos un paso adiante en canto a ter máis o balón, a controlar máis o partido. Fóra de casa é máis complicado. Pero equipos como o Cádiz pódennos dar esa posibilidade de ter o control e o dominio do partido. Potenciar as nosas cousas boas e cando perdamos o balón, non deixar que o Cádiz despregue o seu fútbol".

No entanto, o porteiro deportivista conclúe que "estamos a facer as cousas ben. Sempre se pode mellorar. Estamos a falar de que se pode mellorar fóra de casa. Este é moi bo partido para facelo, contra un equipo que está nunha gran xeira, moi forte en casa. Atopamos os nosos defectos, as cousas que temos que facer para mellorar. Non hai mellor partido que este para tentar facelo".