RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aythami viaxa a Xerez para pechar a súa cesión por unha tempada

O futbolista do Deportivo Ayhtami Artiles viajó xa a Xerez co fin de ultimar nas próximas horas todos os documentos referentes á cesión por unha tempada ao cadro xerezano.

Por conseguinte, Aythami xa non estará esta tarde no Mundo do Fútbol no adestramento do Deportivo. O pasado sábado, o defensa canario disputou o que parece serán os seus últimos minutos esta tempada vestindo a elástica branquiazul. Foi ante o Sevilla no segundo tempo da final do Trofeo Ramón de Carranza.