RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bakkali entra na lista de convocados para o amigable desta tarde en Cerceda

Zakaria Bakkali entrou na lista de 23 xogadores convocados, incluídos os 3 porteiros (Rubén, Tytoń e Francis), para o amigable desta tarde (19:30 horas) no campo do Roxo de Cerceda ante o equipo local, que militará esta campaña en Segunda División B.

A directiva do club branquivermello fixou en 10 euros o prezo das entradas para esta nova cita de pretemporada.

Respecto dos amigables anteriores cae Óscar Pinchi, que hoxe non se adestrou co grupo a consecuencia dunhas molestias no cuádriceps dereito, pendente de probas médicas complementarias.

O adestramento desta mañá, cos canteiráns Edu Expósito e Francis, foi de alta intensidade, con partidos en espazo reducido no campo 2 como tarefa principal. Antes houbo un traballo táctico.

Como é habitual, o persoal ten comida no Hotel Tryp Coruña ás 13:30 horas. Mañá mércores, haberá un novo adestramento, ás 10:00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo.