RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges di que "estamos molestos por nós mesmos" e Albentosa fala de "frustración"

Celso Borges e Raúl Albentosa pasáronse pola zona mixta do Estadio ABANCA-RIAZOR.

O capitán deportivista cre que "agora mesmo é complicado explicar o que pasou. Dedicaremos a noite de hoxe e o día de mañá para reflexionar e ver o que pasou".

Apunta o internacional costarriqueño que "agora mesmo estamos moi molestos connosco mesmos".

Entende a reacción da bancada ao finalizar o encontro: "O público ten toda a liberdade de expresarse como quere. Veñen aquí a ver ao seu equipo gañar".

Promete que o Deportivo "tentará facelo mellor a próxima vez e darlles unha alegría, que todos nos merecemos".

Pola súa banda, Raúl Albentosa opina que as sensacións "son malas porque ao final non che levas nada. Pelexaches durante 90 minutos e non sacaches nada positivo".

Protagonista no polémico primeiro penalti sinalado, esta vez en contra do Deportivo, destaca que "o segundo penalti non fixo máis que xustificar o primeiro. Creo que non existe nada de nada. Fódeche ao equipo e a ti persoalmente".

O central deportivista fala, despois desta derrota nun partido que podía supor un salto cara arriba, de "frustración no vestiario. Telo aí e parece que nunca o chegas a coller. Téntalo e tentas e non chegas".