RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges di que "o equipo sae reforzado" e Juanfran destaca non encaixar goles

Dous dos capitáns do Dépor, Borges e Juanfran, compareceron na zona mixta do Estadio de Ipurua.

Así, o internacional costarriqueño cre que o equipo "saíu reforzado de acá. Este punto pódese retornar importante para a segunda volta".

Apunta Celso Borges que 2 vitorias a domicilio nos últimos 24 partidos son "números que non nos favorecen. Pero é o que hai, non nos podemos queixar. Temos que ir buscar os partidos como foi hoxe. É un factor que nos motiva a romper esa liña".

Está seguro que "aos poucos iremos convencendo que somos un bo equipo. Hai bos xogadores e a partir de aquí transformalo nun bo equipo. E iso leva o seu tempo".

Pola súa banda, Juanfran subliñou que este punto logrado en Eibar "non sabe mal porque para nós neste comezo de liga a portaría a cero é un éxito. Custounos moito non encaixar".

Está convencido o lateral deportivista que "se conseguimos cortar esa sangría de tanto encaixar, coa artillaría que temos arriba o normal é que os partidos os gañemos, e o equipo vai crecer moitísimo".

Lamentouse dos erros no último pase, do mesmo xeito que Pepe Mel na sala de prensa, e recoñece que "se estivésemos precisos nalgunha acción gañaríamos o partido. O equipo estivo ben prantado".