RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borges e Guilherme cren que a solución pasa por lograr xa unha vitoria

Celso Borges e Guilherme foron os dous xogadores que se pasaron pola zona mixta do estadio de San Mamés.

Borges recoñece que a situación é "difícil de asimilar agora mesmo, difícil de facerlle fronte. Outro golpe máis que dáche o resultado".

Apunta o internacional costarriqueño que "é delicado o momento. Necesitamos unha vitoria para resarcir a nosa moral e saber que imos por bo camiño".

Pola súa banda, Guilherme cre que "fomos superiores ao Athletic". É máis, o mediocentro deportivista lembra que o segundo gol do conxunto biscaíño, que decidiu o partido, "é en fóra de xogo".

Pide agora "levantar a cabeza, e traballar durante a semana para afrontar o partido ante o Alavés e sacar os tres puntos".