RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Borges resalta que ''nos estamos deixando a alma en cada partido''

Celso Borges aseguró esta mañana na sala de prensa de Riazor que "o espíritu do equipo segue intacto" a pesar das dúas últimas derrotas (Real Madrid e Celta). "Esa vontade por traballar non cesou nin na vitoria n

Esas dúas derrotas, a Borges, deixáronlle "sensacións bastante boas. Matámonos na cancha. Se os resultados non se deron é por puras situacións futbolísticas. No que é actitude e compromiso, nós estamos a deixar a alma cada partido e estamos a xogar co coitelo entre os dentes. Diso trátase. Hai que rabuñar, puntuar en calquera cancha".

Do derbi ante o Celta, Borges subliña que "a verdade me impresionou. Todo o ambiente previo foi un gusto". Destaca que houbo "moita emoción, moita rivalidade e son un afortunado por poder estar no campo ese día".

Iso si, recoñece que "o máis bonito fose gañar por suposto. Pero igual para un desenvolvemento persoal e un crecemento profesional é bastante bo". Segundo Borges, "non ten sentido facer duelo polo que pasou. Si aprender e mellorar".

Opina que ante o Almería o sábado 28 de febreiro no Estadio dos Xogos do Mediterráneo (20.00 horas, Gol T e Canle + Liga) ao ser un rival directo "obviamente ten moitísima importancia. O feito de poder afastarnos desa zona o máis pronto posible é mellor para nós. Obviamente hai presión nesa zona da táboa, independentemente contra quen un estea a xogar. Se un pode aproveitar que sexa un rival directo por esta competencia, é moito mellor".

Advirte que "é complicado xogar de visita, de perder un partido en casa, e máis como foi o derbi. Si que é difícil pero non imposible. E niso estamos moi ben mentalizados".