RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
Xuvenil-A

Miguel Figueira ve ao seu equipo "convencido de que está no seu mellor momento da temporada"

Miguel Figueira, adestrador do Xuvenil A, advirte, coñecido o resultado do sorteo da semifinal da Copa de Campións, que "chegados a esta fase non hai preferencias. Agora empezaremos a analizar máis intensamente ao rival (o Real Betis)". "Para conseguir a Copa de Campións hai que gañar a todos", engade.

Móstrase "contento, ilusionado" e cre que "todos teñen puntos fortes. O Valencia CF quizais foi a sorpresa porque remontou un 3-0 (ao FC Barcelona), non porque non teñan capacidade para estar aí. Estamos centrados no Betis e a partir desta tarde preparar o partido da mellor maneira. Teremos unha fin de semana libre para que os xogadores desconecten".

O técnico deportivista subliña que "estamos no mellor momento da temporada en canto a efectivos. Zoe e Adri Vázquez polas súas lesións non van chegar. E os que están arriba no Fabril, como xa estaban lesionados, tampouco virá ningún. O outro día recuperamos a Dani Estévez e a Javi. Entón estamos no mellor momento en canto a números e convencido de que está no seu mellor momento da temporada".

Finalmente Miguel Figueira espera o xoves 29 ás 20:00 horas "dar o noso nivel e ser capaces de competir ao noso mellor nivel. Non me gustaría que o equipo especulase. Temos unha forma clara de xogar. É certo que o Betis vainos a esixir en canto a individualidades un esforzo extra en canto a duelos, en canto a ser defensivamente fortes".

Conclúe que o Betis "ten unha capacidade de facer gol moi alta pero tamén se lle poden facer goles. Niso estaremos. Buscaremos a portería contraria", promete.