RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
Xuvenil-A

Miguel Figueira sobre os seus futbolistas: "Son moi grandes e moi bos"

Miguel Figueira asegurou na zona mixta do Toralín que "cando gañamos estamos todos contentos e cando perdemos ante un gran rival hai que felicitalo. Hai moitos xogadores nos dous equipos que van ter un futuro moi bo no fútbol".

Subliña que "os rapaces teñen unha nota alta esta temporada. Isto non o vai a embazar. É un partido decisivo e en ningún caso fomos a maquillar o resultado. Cando estás 2-4 en ningún momento dixemos 'que non nos metan máis'. No descanso díxenlles que quería gañar o partido e que fosen gañar o partido. Estaban fodidos pero saíron na segunda parte a tentar remontar. E iso é co que quedo. Non fomos capaces porque o rival che supera. Cando o rival che supera temos que felicitalo e punto. Os mozos están preparados dabondo para competir e eu estou encantado coa súa temporada; e como adestrador e como corpo técnico moi agradecido porque me deron unha visibilidade como adestrador que se cadra non a merezo. Eles son moi grandes e moi bos".

O técnico deportivista confesa que os branquiazuis "están fodidos porque se mediron, viron até onde chegaron. Hoxe (por onte) será un día duro pero mañá téñense que levantar porque teñen un futuro moi prometedor".

Conclúe Miguel Figueira que "os xogadores deron un nivel altísimo e hoxe (por onte) tamén o deron. Pero hai un rival que xoga, que deu un nivel superior".