Miguel Figueira pasouse pola sala de prensa do Dépor Training Center confirmada a clasificación do Xuvenil A para a Final Four da Copa del Rey da categoría.
Do partido deste mércores pasado no Heliodoro Rodríguez López resolto con 0-1 afirma que "o escenario era diferente para moitos deles. Algúns xa puideron gozar o ano pasado de ABANCA-RIAZOR na eliminatoria tamén co CD Tenerife. A resposta deles no campo foi moi boa a nivel individual e colectivo sobre todo".
Presume de que nas últimas semanas "todos están a ser partícipes tanto en liga como en Copa porque usamos a todo o cadro. E senten importantes. Para min oxalá tivésemos partido todas as semanas mércores, domingo porque cren en todo o que fan, e senten valorados e importantes".
O técnico deportivista coincide con Manuel Pablo ao afirmar que "queremos gañar pero cunha forma, cunha metodoloxía, cunha maneira de xogar".
Nesta liña móstrase "máis satisfeito de gañar en Tenerife pola nosa forma de competir. Os nosos laterais practicamente estiveron en campo contrario todo o partido. Mesmo no tramo final de máis. Sempre lles digo o mesmo: non podemos xogar coma se fose o último minuto de partido".
Conclúe Miguel Figueira que "gañamos coa nosa forma de entender o fútbol e puidemos merecer un pouco máis, e non sufrir tanto ao final".
