
JUVENIL A · 11 MARZO 2026
MIGUEL FIGUEIRA QUERE QUE OS SEUS XOGADORES ANTE O BARÇA ESTE XOVES EN COPA "DEAN CONTINUIDADE A TODO O TRABALLO QUE ESTÁN A FACER"
Miguel Figueira manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center minutos antes de desprazarse co Xuvenil A a Lugo que "unha vez máis fomos capaces de dar ese paso adiante competitivo, de chegar a outra Final Four. E con toda a ilusión do mundo".Desvela que os xogadores "desde o día do CD Tenerife inconscientemente pensan neste partido contra o FC Barcelona", correspondente á semifinal da Copa del Rey deste xoves 12 de marzo ás 18:30 (canles oficiais da RFEF e TVG) no Estadio Anxo Carro de Lugo.Por este motivo, o técnico deportivista admite que "tivemos partidos de liga nos que fomos máis irregulares do que me gustaría pero entendo que a situación mental ía a este partido. O que pretendemos é continuar a liña de formación sabendo que este partido é gañar ou volver para casa".A nivel persoal confesa que "para min o soño está cumprido desde que entro como adestrador do Dépor. Seguir ano a ano defendendo este escudo como adestrador é o máis importante. Para min o máis importante é que os mozos poidan ter continuidade no Fabril e no primeiro equipo. Estou moi agradecido ao Club por darme a oportunidade de seguir sendo adestrador, e aos rapaces por confiar e crer na nosa forma de traballar".Miguel Figueira cre que ante o Barça "vou repetir o de sempre: para min os favoritos son os meus xogadores. Sempre. Que lles pidamos que se metan na final? Si. Pero para min é máis importante que lle dean continuidade a todo o traballo que están a facer".Nesta liña, insiste en que "os rapaces veñen de moi atrás, desde o fútbol 8. A moitos os tiven en infantís. Teñen unha forma de traballar e para min o máis importante é que mañá (ante o FC Barcelona) sexan capaces de desenvolver todo o que estamos a traballar".Iso si advirte que "o Barça vainos a pór en aprietos e en circunstancias nas que non estamos afeitos. Por desgraza a División de Honra para o Celta, para nós e para o Sporting non é o suficientemente competitiva para levarnos ao extremo. E o Barça vainos a chegar a algúns extremos aos que non estamos afeitos. Veremos se somos capaces de dar ese plus".

Massimo Adalberto Benassi: "Imos aceptar sempre o erro do árb...

Antonio Hidalgo fala dun ambiente en ABANCA-RIAZOR "de tolos,...

Resultados deste venres 1 de maio nos torneos amigables; e ca...

Os Nosos regresan o luns 4 de maio ao Dépor Training Center

O Dépor vence ao CD Leganés cun gran gol de Noé na recta fina...

Triunfo do Orzán SD Xuvenil para deixar case amarrada a perma...