ANOSACANTEIRA segue entre as 4 mellores de España. Se ao final da temporada pasada participou na Final Four da Copa de Campións, agora disputará a final a catro da Copa del Rey ao apear en cuartos de final ao CD Tenerife (0-1).
"Só repetimos nós e o Betis, que é un súper equipo, o mellor de España nestes momentos. É un orgullo para todos", subliñou un visiblemente satisfeito Miguel Figueira.
O partido no Heliodoro Rodríguez López decidiuse por un tanto de Lucas Regueiro na segunda metade.
O técnico deportivista afirmou que "fomos de menos a máis" e advertiu que "só a falta de acerto impediunos ter o partido xa resolto un pouco antes".
Cualificou ao CD Tenerife como "un gran equipo" pero "fomos capaces de minimizar aos seus bos xogadores e encima de impor á nosa forma de xogar".
Após chegar con 0-0 ao descanso na segunda metade veu o gol do encontro.
Iso si, antes Leandro, no minuto 51, con todo a favor, perdoou o primeiro porque o seu disparo marchouse rozando o poste esquerdo da meta tinerfeña.
No minuto 69 Guille entra por banda dereita e o seu pase atrás na área remátao Lucas Regueiro de xeito inalcanzable para o porteiro tinerfeño Sosa.
"Conseguimos ser nós mesmos. En ningún momento deixamos de combinar, de buscar superioridades por dentro, de chegar por fóra", afirmou o preparador deportivista.
Mostrouse o preparador branquiazul "orgulloso da confianza que teñen os rapaces e de como se desenvolven nun estadio como o Heliodoro".
Xuvenil A :Anxo, Guille (Jorge, min. 81), Xabi Campos, David (Nico, min. 79), Vergara, Lucas Regueiro (Íker Fernández, min. 79), Leandro (Balbas, min. 56), Lucas Castro, Íker Gil, Álvaro e Mauro (Abel, min. 81)
O rival do Xuvenil A na Final Four, con sede aínda por determinar, será o FC Barcelona, que eliminou á UD Las Palmas (1-0).
Miguel Figueira cre que esta clasificación "é un premio a toda a canteira. Hai moita xente que traballa no Dépor Training Center, que se preocupa dos rapaces, de levalos, de traelos, de adestrar, con corpos técnicos que traballamos unha mesma idea de xogo".
A outra semifinal xogarana o Real Betis e o RC Celta, que eliminaron respectivamente ao Real Madrid CF (1-2) e ao Athletic Club (2-1).
Os resultados do Xuvenil A en esta edición da Copa del Rey son os seguintes:
Dezaseisavos de final
Xuvenil A 3 (Íker Gil, Lucas Castro e Miguel de Labra) - AD Sporting Hortaleza 1
Oitavos de final
Xuvenil A 4 (Íker Gil -2-, Lucas Castro e Guille) - Rayo Vallecano 1
Cuartos de final
CD Tenerife 0 - Xuvenil A 1 (Lucas Regueiro, min. 69)
