RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Ensaio esta mañá de Os Nosos en espazos amplos

Despois dunha sesión de onte de alto ritmo, con fútbol reducido, esta mañá Óscar Gilsanz realizou un ensaio xa en espazos amplos para ao encontro deste domingo 25 de maio ás 18:30 en La Romareda ante o Real Zaragoza (LaLiga TV Hypermotion).

Após unha activación, o corpo técnico dispuxo un exercicio de posición con porterías pequenas e a continuación, un partido a tres cuartas partes de campo.

Están con adestramento personalizado Mella, Ximo Navarro, Dani Barcia, Hugo Rama, Helton Leite e Zakaria Eddahchouri.

Ademais de Jose Ángel está ingresado no Hospital San Juan de Dios de Santurce após ser intervido o pasado mércores polo doutor Iñaki Urquidi para resolver o cadro de pubalxia que padeceu durante boa parte da temporada.

Alberto, Mardones, Guerrero e Kevin Sánchez foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Precisamente Guerrero, en rolda de prensa, confesou que Óscar Gilsanz "pídenos que sexamos nós mesmos, que fagamos o mesmo que facemos abaixo e que gocemos desta experiencia, que é inesquecible".

Mañá venres, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 na última sesión da semana na Cidade Deportiva, posto que o adestramento do sábado 24 de maio será ás 18:30 na Cidade Deportiva do Real Zaragoza.