RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja e Dani rescatan o bo dun mal resultado

"A realidade é que che gañaron cun marcador demasiado avultado porque foron mellor que ti na área, pero fixeches todo o posible, tiveches a posesión, sometiches ao rival, fuches protagonista, pero ao final a que teñen métencha", comezou analizando Borja Valle o partido na zona mixta do Ramón de Carranza.

"Desde o minuto un tivemos moita personalidade, sacamos o balón, tivemos ocasións, creo que fixemos todo o posible para gañar pero cando as tes e pero non as metes pásache factura e máis ante un Cádiz que está cómodo sen balón. É contraditorio porque te vas con 3-0 pero creo que fixemos o mellor partido fóra de casa, fixemos as cousas moi ben, pero iso en fútbol dá igual se ao final non a metes. A nivel equipo e futbolístico demos un paso adiante fóra de casa", aseverou o dianteiro berciano.

Borja non mostrou preocupación por non alcanzar o liderado esta xornada e caer postos na clasificación: "dáme igual, trátase dunha carreira de fondo, non dun sprint de 100 metros. Isto é moi longo e agora mesmo estamos aí. Tiñamos unha oportunidade moi bonita para irnos de vacacións primeiros pero seguimos nunha posición boa", finalizou.

Dani Giménez coincidiu en boa parte do diagnóstico: "a efectividade nas áreas foi determinante, porque o partido foi máis ou menos o esperado. Controlámolo como traballamos durante a semana e aínda así perdes. Hai veces que non mereces sacar ningún punto como xa pasou noutros partidos e hoxe estivemos mellor, sobre todo na presión alta, na saída de balón e con todo marchamos con 3 goles".

A pesar diso, cre que "non hai que volverse tolos. Hai que analizar o partido e agora temos tempo. O cambio de sistema abre posibilidades para o equipo pero penalizounos moitísimo esa falta de eficacia nos centros ou nos remates. Toca seguir mellorando. O equipo ten personalidade, imos mellorando sendo máis atrevidos, presionando alto".

Para o porteiro deportivista é "un pau como tantos que nos imos a levar ao longo da temporada. Non hai que volverse tolos, analizar o malo e mellorar o bo que tamén o houbo. O obxectivo, o ascenso, é a última xornada. Temos que estar no grupo dos que están arriba pelexando até o final".