RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Galán advirte que "non temos que pensar que o partido está gañado porque nos estariamos confundindo"

Borja Galán foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O atacante deportivista confesou que mañá domingo 29 de setembro ante o CD Mirandés (21:00 horas, Movistar LaLiga 1), o Dépor está "con ganas de conseguir o triunfo en ABANCA-RIAZOR, diante da nosa xente. Seguro que o imos a conseguir".

Cre que as diferentes reunións dos futbolistas estes últimos días, reflectidas nos medios de comunicación que cobren a información diaria do equipo, "son unha forma de xuntarnos todos, de sacar conclusións, de buscar solucións sobre todo. E véñennos ben".

Ante o conxunto burgalés, Borja Galán pediría en primeiro lugar "a portería a cero e melloraría estar algo máis acertados, máis soltos en ataque, conseguir algún gol. Se mantés a túa portería a cero, un simple gol dáche os 3 puntos".

Do CD Mirandés espera un rival "que veña a ABANCA-RIAZOR a facer as cousas ben, un pouco máis replegado do que se cadra xoga na súa casa. Mañá será realmente cando saberemos como xoga o rival".

A pesar da condición do cadro castelán, un recentemente ascendido que transita pola zona modesta da clasificación de LaLiga SmartBank, advirte que "temos claro que en Segunda División non hai un partido fácil aínda que sexa en ABANCA-RIAZOR, ante un rival recentemente ascendido. Sabemos que todos os partidos son ultra competitivos, que nos vai a custar, que se facemos as cousas ben, teremos as nosas opcións de gañar, por suposto. Non temos que pensar que o partido está gañado, porque nos estariamos confundindo".

A nivel persoal, móstrase "contento" coa súa achega ao equipo neste arranque da temporada. "Uns días empecei, outros días non. O importante é o equipo, que vaia conseguindo os resultados, que vaiamos mellorando como equipo. O que me toque participar, xa sexa de inicio ou de suplente, darei o mellor para o equipo", conclúe.

Nesta liña, asegura que, a pesar da chegada a última hora de varios futbolistas, "todos estamos na mesma onda, no mesmo sentido. Segundo vaian pasando as semanas, sentiremos aínda máis axustados e será positivo para o equipo".