RCD / NOVAS

Borja Galán, cedido ao Real Racing Club até final de temporada

31/01/2020 20:20

O Real Club Deportivo, o Real Racing Club de Santander e Borja Galán chegaron a un acordo para a cesión do centrocampista madrileño, até o final de temporada, ao equipo montañés.

O Real Club Deportivo quere desexar a Borja a maior das sortes neste novo reto profesional, agradecendo ademais o seu traballo, profesionalidade e implicación co equipo e o trato a todos os compañeiros do Club nestes meses como xogador deportivista.

Máis novas de: BORJA GALÁN