RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Granero admite que o triunfo ante o Numancia "achéganos ao obxectivo pero non está feito"

Borja Granero pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

O defensor deportivista cualificou como "importante"o triunfo ante o CD Numancia en ABANCA-RIAZOR o pasado domingo: "Achéganos ao obxectivo pero non está feito nin moito menos. Esta fin de semana temos un partido complicado e facer as cousas ben para gañar", apunta.

Confesa que non se está facendo larga a temporada unha vez fóra da loita polo ascenso a Segunda División: "Para min non. A min gustaríame xogar 40 ou 50 partidos todos os anos. É o que me gusta facer. É verdade que quero conseguir o obxectivo pero todo pasa por xogar partidos e gañalos".

Aínda que o Marino de Luanco, rival do Deportivo este domingo 25 de abril no campo de Miramar (17:00 horas, Footters) teña poucos obxectivos xa nesta liga, "non coñezo ningún equipo que salga a un campo a non disputar un partido, a non gañalo. A clave está en nós, en superar as dificultades. Fóra de ABANCA-RIAZOR dar ese pasiño. Está a acabar o ano e non alcanzamos esa regularidade de resultados fóra de casa. Espero un partido complicado independentemente de que eles non se xoguen nada", conclúe.

Tampouco quere saber nada sobre o campo de Miramar nin o estado do seu céspede: "Non pode ser o aspecto sobre o que vire a preparación do partido. Equipos bos de Segunda B teñen saídas difíciles e gañan partidos. Nós temos que facer o mesmo. Non pode versar o traballo desta semana en saber que se o campo vai estar así ou asá... Nós temos que ser nós mesmos, gañar nas pequenas guerras, nos pequenos partidiños que se vaian creando dentro do mesmo partido e sacar o noso máximo nivel competitivo".

Ademais, é consciente que "ser o Deportivo fai que a motivación sempre sexa máxima (no rival), sempre se lle quere gañar. Nós temos que xogar con iso. Saber que o partido que xogamos é o partido do ano para ese Club. Temos que saber levar iso".

Admite que os centros laterais, como a acción que supuxo o empate provisional do CD Numancia o pasado domingo en ABANCA-RIAZOR, "parece que se nos complicou un pouco nos últimos partidos pero non é un xe que teña posto aí. É verdade que son accións que hai que traballar e que son moi abertas, difíciles de axustar".

Finalmente en canto ao seu futuro, Borja Granero non llo expón: "Cando firmas un contrato de tres anos xa fala suficiente sobre a túa intención. Co Club xa falamos hai uns meses e por iso estou aquí. Sumeime a este proxecto. Elixín esta opción porque a considero atractiva e porque isto é o Deportivo. Non hai máis nada que falar".