RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez: "O equipo ten moi claro o que quere"

Borja Jiménez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "cando metes un xogador máis de ataque e quitas un centrocampista perdes control de xogo. O Valladolid tivo a capacidade de facer un bo partido e quitarnos a pelota polo menos nos primeiros 50 minutos, que é cando máis cómodos estamos nós. Vén de facerlle tres goles ao Real Racing Club, dous ao UD Logroñés e nós fomos capaces de que Ian Mackay tivese unha tarde tranquila. Fixemos bastantes cousas ben a nivel defensivo".

O técnico deportivista opina que após o descanso "axustamos mellor as distancias e roubamos bastantes veces arriba, que era nosa idea. Sabiamos que ía ser un partido de 'a ver quen ía ter máis a pelota'. É posible que eles nos primeiros 50 minutos tivesen esa capacidade de ter máis o balón pero nós saímos por iso con tres atacantes puros para en cada situación de contragolpe ou roubo arriba estar moi preto do gol".

Asegura que "gañar con solvencia sempre che deixa satisfeito. Hoxe tiñamos cambios a nivel defensivo, cambios en ataque. O equipo tivo ese empaquetado para defender cando tiña que defender, esa capacidade de transitar. Daquela a entrada de Mario Soriano, que estaba a participar pouco, fala moi ben do cadro. Non é fácil gañar e cando o fas con solvencia e podes ter 20 minutos plácidos de calquera partido..."

Borja Jiménez conclúe que "empezamos este ciclo de partidos con tres puntos máis, non sei cantos (partidos) levamos sen perder. Iso é moi positivo a nivel mental e a nivel de moral do equipo. Vimos de xogar fóra en Ferrol, Majadahonda, Logroño e o equipo tivo a capacidade de, cando non estivo ben, non perder. Iso é moi positivo. Estamos a ver a dificultade que ten gañar na categoría todas as semanas. Estou convencido de que de aquí a final de ano podamos ter unha xeira na que podamos perder dous partidos seguidos e non vai pasar nada. O equipo ten moi claro o que quere. Hoxe buscamos outra cousa diferente e o equipo fíxoo moi ben. É ir aumentando rexistros sendo moi sólidos".

Pola súa banda, Julio Baptista, técnico do Real Valladolid Promesas, indicou que o partido "estaba a ser parello. Eles estaban moi incómodos, pero ao xogar contra futbolistas de alta calidade, se deixas unha marxe pasa factura. O primeiro gol provén dun erro táctico noso e no segundo gol tiñamos a posesión do balón. Remontar un 2-0 contra un equipo como o Dépor fáiseche costa arriba".