RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle cre que o triunfo de onte "refórzanos moitísimo de cara a esta fin de semana"

Borja Valle, bigoleador onte no Estadio Gran Canaria, foi o protagonista esta tarde na sala de prensa de Abegondo.

O atacante deportivista cre que no encontro copeiro "tivémolo na nosa man, fixemos as cousas moi ben. Ao final o marcador era moi complicado. Algo que nos reforza moito e dános ás".

Sobre a súa actuación persoal, subliña Borja que "che reforza moito, dáche moita forza para seguir loitando, para seguir facendo as cousas ben. E a nivel colectivo o partido refórzanos moitísimo de cara a esta fin de semana".

Do encontro ante o Sevilla deste sábado 2 de decembro no Estadio Sánchez Pizjuán (18:30 horas, Bein LaLiga), o futbolista berciano apunta que é "moi difícil. Veñen ademais nunha moi boa dinámica, facendo dous partidos moi bos, remontando os dous e sacando moi boas sensacións. Partido moi difícil, xa de seu é un equipo complicado nun estadio moi difícil".

Recomenda Borja Valle "pensar en nós mesmos, facer o noso fútbol. Estou convencido de que podemos gañar a calquera facendo as cousas ben".

Preguntado sobre o seu futuro, confesa que após os seus dous goles onte, "non se se vai cambiar moito ou non o meu rol no equipo. A miña idea foi, é e será a mesma sempre de traballar da mesma forma e cando teñas a oportunidade aproveitala, ou sacar o mellor dun mesmo. Non sei se vai cambiar moito ou non. É decisión do míster. Da miña parte só queda seguir traballando e facer as cousas o mellor posible".