RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Valle lembra que o importante agora é "afinar, coller sensacións"

Borja Valle e Edu Expósito atenderon aos medios de comunicación ao finalizar o encontro desta tarde en O Roxo ante o Cerceda.

Así, o atacante berciano subliñou que nestes partidos amigables o importante non é o resultado, senón "afinar, coller sensacións".

Borja apunta que se atopa cómodo nesta pretemporada, ben xogando como extremo, "do que xoguei toda a miña vida", ou como lateral: "É unha posición nova para min. Estou a aprender, estou a coller novos conceptos".

Confesou que o seu desexo é quedar no Dépor. "Veño adestrar, a facelo o mellor posible. E a recompensa vai chegar. Non teño na miña cabeza nada que non sexa adestrar", recalca.

Pola súa banda, o canteirán Edu Expósito manifestou que a acollida dos veteranos aos máis novos é "extraordinaria".

Titular hoxe en O Roxo, explica que Pepe Mel pídelle que "xogue rápido, que sexa intenso, que estea ben colocado e que filtre pases".

En opinión de Edu, as sensacións "son boas. O equipo aos poucos vai collendo ritmo".