RCD / NOVAS

Borja Valle: "Somos o Deportivo e temos que seguir loitando polo mesmo obxectivo, que é o único que debemos ter na cabeza"

29/07/2019 19:00

Borja Valle compareceu esta mañá ante os medios informativos na sala de prensa de Abegondo.

O atacante deportivista asegurou que estes primeiros partidos de pretemporada "non serven de moito. Serven para coñecerse, para coller boas sensacións".

Considera o dianteiro berciano que, ante as saídas de goleadores como Carlos Fernández ou Quique González, "todos temos que estar na primeira liña de batalla e pensar todos no mesmo obxectivo. Hai xente que leva moito máis tempo aquí, que levamos anos, que temos unha experiencia neste Club, que vivimos certas cousas que outras persoas non viviron, pero non creo que sirva para poñernos en primeira ou segunda liña. Tentaremos estar en primeira liña todos".

Sobre os reforzos, apunta que "se están integrando moi ben. Cando chega xente de fóra, tes o medo do idioma, que non che entendan, que lles custe expresarse. Temos a sorte de que Gaku exprésase perfectamente, Vassi (Lampropoulos) o mesmo... Nós tentamos axudarlles ao máximo. Sabemos o que é vir de fóra e entrar nun Club novo, nunha familia nova. Tentar que se adapten o antes e o mellor posible".

De Anquela destaca "a súa forma de vivir o fútbol, a súa forma de transmitir o fútbol, a súa forma de ensinarnos. É paixón, coñecemento, é pura paixón polo fútbol e transmíteo día a día non só nos partidos, nunha charla, nunha reunión con el, no campo de adestramento, nun partido amigable... É a esencia del e do que temos que impregnarnos esta temporada para sacar todo adiante".

Aínda que Borja advirte que "co escudo e a traxectoria non xogas nin ganas, si esíxeche un patrón. E o patrón do Deportivo ten que ser o mesmo do ano pasado. ¿Igual é máis complicado que o ano pasado? Si, pero isto é fútbol. Se nos fixeran apostar o primeiro día da liga que ascendería un equipo recentemente ascendido a Segunda División, non o apostaría ninguén. ¿Que vai ser difícil? É certo. Pero somos o Deportivo e temos que seguir loitando polo mesmo obxectivo que é o único que debemos ter na cabeza".

Máis novas de: BORJA VALLE