RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda pide a pesar do triunfo "moita humildade, sabendo que cometemos moitos erros?

Eneko Bóveda, autor do gol do triunfo ante o Salamanca CF UDS, atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O defensor deportivista confesa que ao marcar ese tanto do triunfo no desconto sentiu "moita alegría, desafogo. Sentía que era unha axuda moi importante para o devir do equipo, para levarnos unha gran alegría hoxe, para seguir traballando o equipo cunha vitoria na mochila, que se fai con máis alegría e máis a gusto".

Conta que na xogada do gol definitivo, "xa que estaba a xogar a banda cambiada (no lateral zurdo) pensaba que a miña achega nese tipo de xogadas pegadas a banda non ía ser a mellor, porque me ía a custar sacar un centro. Por iso prefería cargar unha pouca a área e estar no allo por se podía caer un balón. Mellor que Gandoy ou Borja Granero colgasen o balón ao lado esquerdo. Á vista está que foi unha boa decisión".

Bóveda pide, a pesar do triunfo, seguir "con moita humildade, sabendo que cometemos moitos erros; pero non nos vai a dar vergoña, polo menos a min, celebrar esta vitoria. Tampouco nos aparta do camiño de mellorar, de esixirnos e de ser uns bos alumnos do noso adestrador".

Preguntado polo xogo na primeira metade, o defensor branquiazul afirma que "se pode recorrer a explicacións tácticas: estabamos en terreo de ninguén, custábanos elixir cando saltar ao número 6, faciámolo a destempo, dabámoslle tempo para pensar. Despois está o compoñente psicolóxico, perder esa confianza a intres, pouca soltura con balón. Hai unha serie de erros e un rival que veu a xogar, a gañar e que non sabemos se a final de ano vai estar peor que nós ou mellor. Tampouco nos pedimos dominar todos os segundos do partido".