RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Bóveda pide "cautela" e apunta que "o mellor é que cousas que se adestran vense no campo"

Eneko Bóveda atendeu aos medios de comunicación na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

Lembrou á hora de valorar o partido que "en pretemporada todo hai que collelo con pinzas. Tivemos partidos ante equipos de inferior categoría que custou impornos e por iso non puxemos o berro no ceo. Agora por gañar a un equipo que é moitísimo mellor que nós, non quere dicir que vaiamos andar de paseo".

Cre que o Dépor fixo esta noite "un bo partido. O mellor é que cousas que se adestran vense no campo. O mellor sería que isto servise para reforzar as ideas, a identidade que ten que ter o equipo, o que buscamos; e a partir de aí crecer. Se temos claro o que somos e o que queremos ser, non nos vai a ir mal".

Pide iso si "cautela. Moi contento porque cada vez que un xoga ben, o compañeiro xoga ben, dórmese moito mellor. Moi contento porque ao final todos os adestradores que empezan novos, cun proxecto novo, cun equipo novo o que máis preocupa é que nos partidos saian cousas que se adestran. E iso é o que máis me gustou".