RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cadete A, Cadete B e Infantil A arrincan a competición o 31 de xaneiro

A Real Federación Galega de Fútbol anuncia o inicio das competicións para o Cadete A, Cadete B e Infantil A.

Iso si, segundo lembra o ente autonómico, o regreso aos terreos de xogo estará sempre supeditado ás condicións sanitarias.

As datas definitivas até o momento son as seguintes:

-Cadete A (División de Honra): 31 de xaneiro

-Cadete B (Liga Galega): 31 de xaneiro

-Infantil A (Liga Galega): 31 de xaneiro

As demais datas que barallan os responsables federativos son as seguintes:

-Infantil B (Primeira Autonómica): segunda quincena de febreiro

-Alevín A, Alevín B, Benxamín A e Benxamín B (competicións de fútbol 8): finais de febreiro

Os futbolistas de #ANOSACANTEIRA do Cadete Á o Benxamín B non terán que pasar test serolóxicos, antíxenos ou similares; pero por contra si será necesario o uso de máscara para os adestramentos e a competición.