RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cadete A, Cadete B e Infantil A de #ANOSACANTEIRA xa coñecen aos seus rivais ligueiros

A Federación Galega márcase como obxectivo que, no que fai referencia a #ANOSACANTEIRA, a División de Honra cadete (Cadete A), Liga Galega cadete (Cadete B) e Liga Galega infantil (Infantil A) inicien a competición a finais de marzo.

As ligas terán un formato exprés, cunha duración entre 10 e 16 semanas. Non haberá descensos pero si ascensos; e a competición poderase prolongar máis aló do 30 de xuño.

Os reitores do fútbol galego presentarán nos próximos días o formato das diferentes ligas.

Finalizado o prazo de inscrición, os rivais dos tres equipos branquiazuis son os seguintes:

División de Honra cadete: Cadete A, San Tirso SD, Ural CF, Victoria CF, CD Calasanz, Atlético Coruña Montañeros CF, Bergantiños CF, Xuventude de Oroso, Bertamiráns FC, CD Lugo, RC Celta, ED Val Miñor, UD Santa Mariña, Rápido de Bouzas, Coruxo FC, Arosa SC, Pontevedra CF, AJ Lérez, Pabellón Ourense CF, CD Conxo Santiago e SD Compostela.

Liga Galega cadete, grupo norte: Cadete B, Imperátor OAR, Ural CF B, CD Calasanz B, CF Dumbría, EFM Concello de Boiro, Bergantiños CF B, Xallas FC, Escola Estrada Fútbol Base, Amio SD, CD Conxo Santiago B, Galicia de Caranza, CD Narón, SCD Milagrosa, Racing Villalbés, Viveiro CF, CD Lugo B, SD Ribadeo e San Tirso SD B.

Liga Galega infantil, grupo norte: Infantil A, Bertamiráns FC, Xuventude de Oroso, CD Conxo Santiago, Victoria FC, SD Villestro, CD Calasanz, Ural CF, Victoria CF, EF Lalín, CF Dumbría, Cidade de Ribeira CF, SDCR Narón O Freixo, Galicia de Caranza, SD O Val, SD Viveiro, CD Lugo, SDC Residencia, Bergantiños CF, San Tirso SD e Atlético Coruña Montañeros CF.

Volta aos adestramentos en Abegondo desde cadetes a benxamíns

Até a data, cadetes e infantís, do mesmo xeito que os alevíns e benxamíns de #ANOSACANTEIRA realizaban varios días á semana adestramentos individuais específicos no domicilio, supervisados polos diferentes adestradores. Esta semana, todos eles regresan ao céspede da Cidade Deportiva, unha vez confirmado o permiso das autoridades sanitarias.

Así, os cadetes, alevíns e benxamíns arrancan mañá martes 2 de marzo pola tarde; e os infantís hoxe luns 1 de marzo, tamén no horario vespertino habitual os días lectivos escolares.