RCD / NOVAS

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con só un partido, o do Xuvenil B, en Abegondo

13/01/2021 17:23

Esta fin de semana, só un dos equipos que está en competición oficial en #ANOSACANTEIRA, o Xuvenil B, xogará en Abegondo. Será o sábado 16 de xaneiro ás 16:30 fronte ao Arosa SC.

Os demais compiten lonxe da Cidade Deportiva: o Fabril, en liña ascendente, en Paiosaco (domingo ás 17:00); o Deportivo ABANCA B ante o Umia CF (domingo ás 17:30 en Barrantes - Ribadumia); e o Xuvenil A fronte ao CD Calasanz (domingo ás 12:00 en San Pedro de Visma).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
13ª xornada: UD PAIOSACO H. AÑÓN - FABRIL, o domingo 17 de xaneiro ás 17:00 na Porta Santa (Paiosaco)
Clasificación do subgrupo A: 1. Bergantiños CF (dous partidos menos) e Racing Villalbés, 24 puntos; 3. UD Somozas (un partido menos), 23 puntos; 4. Fabril, 21 puntos; 5. Polvorín FC (un partido menos), 20 puntos; 6. Viveiro CF, 17 puntos...

Categoría feminina
10ª xornada: UMIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 17 de xaneiro ás 17:30 no campo da Bouza (Barrantes, Ribadumia)
Clasificación da Primeira Nacional, subgrupo A: 1. Viajes InterRías FF (un partido menos), 18 puntos; 2. Deportivo ABANCA B (dous partidos menos), 16 puntos; 3. Victoria CF (dous partidos menos) e UD Mos (un partido menos), 15 puntos; 5. Victoria FC (un partido menos), 14 puntos...

Categoría xuvenil
11ª xornada: CD CALASANZ - XUVENIL A, o domingo 17 de xaneiro ás 12:00 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. RC Celta, 25 puntos; 2. Xuvenil A, 23 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 16 puntos...

9ª xornada: XUVENIL B - AROSA SC, o sábado 16 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional, subgrupo A: 1. Xuvenil B (un partido menos), 21 puntos; 2. SD Compostela, 18 puntos; 3. Pontevedra CF, 16 puntos...