RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA 14 e 15 de xaneiro

Primeira fin de semana do ano 2017 con todos os equipos da canteira deportivista en competición oficial.

En Terceira División, o Fabril, en boa racha, visita o domingo 15 ao Bergantiños, ás cinco da tarde.

En canto ao resto de categorías, sobresae o cuádruplo enfrontamento co Lugo en xuvenís (Xuvenil B), cadetes (División de Honra e Liga Galega) e Infantil A. 

Os dous primeiros serán o sábado en Abegondo. Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Alén diso, o Alevín B inicia o sábado a Segunda Fase, unha competición en formato de liga a dobre volta.

Tamén volta á competición, após o parón de Nadal, o Benxamín B.

O calendario de partidos é o seguinte: 

Terceira División
BERGANTIÑOS - FABRIL, o domingo 15 de xaneiro ás 17:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación: 1. Rápido de Bouzas, 44 puntos; 2. Racing Vilalbés, 40 puntos; 3. Fabril, 38 puntos; 4. Arosa, 36 puntos...

Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B - CP ALERTANAVIA, o domingo 15 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica feminina: ... 9. SCD Milagrosa, 19 puntos; 10. Deportivo Abanca B, 16 puntos; 11. Arcadia EF, 13 puntos...

Categoría xuvenil
REAL RACING CLUB - XUVENIL A, o domingo 15 de xaneiro ás 12:00 en La Albericia (Santander)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Oviedo e Lugo, 36 puntos; 5. Xuvenil A, 35 puntos; 6. Real Racing Club, 31 puntos...

XUVENIL B - LUGO B, o sábado 14 de xaneiro ás 12:30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 42 puntos; 2. Xuvenil B, 38 puntos; 3. Victoria, 32 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - LUGO, o sábado 14 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 49 puntos; 2. Cadete A, 42 puntos; 3. Victoria e Lugo, 38 puntos...

LUGO B - CADETE B, o domingo 15 de xaneiro ás 12:00 nas Gándaras 1
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 41 puntos; 2. Cadete B, Xuventude de Oroso e Atlético Coruña Montañeros CF, 35 puntos; 5. Santiago de Compostela, 34 puntos...

Categoría infantil
LUGO - INFANTIL A, o domingo 15 de xaneiro ás 10:30 nas Gándaras 1
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 47 puntos; 2. Ural, 46 puntos; 3. Xuventude de Oroso, 38 puntos...

INFANTIL B - ATLÉTICO LOS CASTROS, o sábado 14 de xaneiro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 45 puntos; 2. Imperátor, 38 puntos...

Categoría alevín
Segunda Fase das Primeiras Comarcais, volta: ALEVÍN A - OBRERO A, o sábado 14 de xaneiro ás 12:00 na Torre 2. Na ida: 5-2

Segunda Fase alevín, A Coruña, primeira xornada: ALEVÍN B - URAL C, o sábado 14 de xaneiro ás 13:00 na Torre

Categoría benxamín
BENXAMÍN A - SPORTING CAMBRE A, o sábado 14 de xaneiro ás 12:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 42 puntos; 2. Olímpico A, 37 puntos...

LUIS CALVO SANZ C - BENXAMÍN B, o sábado 14 de xaneiro ás 10:00 nas Eiroas
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 33 puntos; 2. Ural C, 28 puntos...