RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA para a fin de semana, cos resultados de hoxe sábado

O primeiro encontro do Fabril no seu regreso á Segunda División B, en Fuenlabrada, mañá domingo ás 19:30 horas, será o partido estrela da fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

Cristóbal Parralo leva a estes xogadores: Borja Galán, Queijeiro, Francis, Ortuño, Álex Cobo, Lucas, Quique Fornos, Romay, Carlos López, Diego Caballo, Gaizka, Martín Bengoa, Óscar, Uxío, One, Raúl, Blas e Luismi.

Tamén mañá domingo, o Xuvenil B participa na Sinde's Cup de O Val (Ferrol).

Por outra banda, catro equipos xogaron o Torneo da AFAC: Xuvenil B, Cadete A, Cadete A San Tirso e Infantil A. A competición finalizou hoxe sábado 19 pola tarde, coa disputa das finais das tres categorías no campo da Grela 1. Foi campión da súa categoría o Infantil A; o Cadete A foi semifinalista; mentres que o Xuvenil B e o Cadete A San Tirso caeron na Primeira Fase.

Finalmente, o Xuvenil A adxudicouse hoxe sábado en Aguilar de Campoo (Palencia) o Torneo de La Galleta, que non fai moito disputou o primeiro equipo. Ademais, o deportivista Sito foi nomeado o mellor xogador dun trofeo no que tamén participaron o Athletic Club e o Valladolid.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Segunda División B
FUENLABRADA - FABRIL, o domingo 20 de agosto ás 19:30 horas no campo Fernando Torres de Fuenlabrada

Categoría feminina
Amigable: BEIRAMAR CF (sénior masculino) 10 - DEPORTIVO ABANCA B 0

Categoría xuvenil
Torneo de La Galleta en Aguilar de Campoo (Palencia)
Sábado 19 de agosto
VALLADOLID 0 - XUVENIL A 1 (Sito)
ATHLETIC CLUB 0 - XUVENIL A 1 (Sito)

Torneo da AFAC
Primeira Fase
Venres 18 de agosto
XUVENIL B 1 (Álex Medrano) - GALICIA CARANZA 2

Sábado 19 de agosto
VILAPOUCA (Portugal) 0 - XUVENIL B 7 (César -2-, Paulo, Iñaki, Ernesto e Bruno -2-)

Con estes resultados, o equipo deportivista quedou apeado da competición.

Sinde's Cup
Domingo 20 de agosto
Semifinal
12:00: XUVENIL B - LUGO

O vencedor xogará a final ás 19:30 horas e o perdedor, a final de consolación ás 17:30 horas.

Categoría cadete
Torneo da AFAC
Primeira Fase
Venres 18 de agosto
SANTIAGO DE COMPOSTELA 0 - CADETE A 2 (Juanma e Concheiro)

Sábado 19 de agosto
CADETE A 2 (Juanma e Peke) - BERGANTIÑOS 1

Semifinal
CADETE A 2 (Pol e Portas) - CALASANZ 4

Primeira Fase
Venres 18 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 2 (Axel e Jairo) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 0
CELTA 2 - CADETE A SAN TIRSO 0

O Cadete A San Tirso quedou apeado con estes resultados

Amigable: CADETE B 5 (Hugo -2-, Nils, Fran e Mouriño) - ORILLAMAR B (xuvenil) 0

Categoría infantil
Torneo da AFAC
Primeira Fase
Venres 18 de agosto
URAL 1 - INFANTIL A 3 (Hugo Baldomar, Dani Sánchez e Rubén)

Sábado 19 de agosto
INFANTIL A 5 (Dani -2-, Quique, Trigo e Álex González) - IMPERÁTOR 0

Final
CALASANZ 2 - INFANTIL A 3 (Iván, Quique e Dani)