RCD / NOVAS

Cambios no calendario de regreso dos equipos de #anosacanteira

13/08/2020 14:00

En atención á situación sanitaria xeral actual provocada pola COVID-19, a área de Fútbol Formativo do Real Club Deportivo reaxustou de novo o calendario de volta ao traballo dos diferentes equipos masculinos de #anosacanteira.

Co Fabril e os xuvenís xa adestrando desde onte, só o Cadete A mantén neste momento o seu plan de regreso previsto para o vindeiro mércores 18. O resto de datas de volta á actividade anunciadas anteriormente, do Cadete B ao Benxamín B, quedan provisionalmente en suspenso e iranse confirmando a medida que se achegue o día e póidase asegurar que se está en total disposición de iniciar o traballo na Cidade Deportiva de Abegondo.

Este é o calendario actualizado de regreso de #anosacanteira:

- Fabril: probas médicas 10 e 11 de agosto, primeiro adestramento o día 12 ás 10:30 h.
- Xuvenil A: probas médicas 10 e 11 de agosto, primeiro adestramento o día 12 ás 10:45 h.
- Xuvenil B: probas médicas 10 e 11 de agosto, primeiro adestramento o día 12 as 11:00 h.
- Cadete A: probas médicas 17 de agosto, primeiro adestramento o día 18 ás 10:30 h.
- Cadete B, Infantil A e B, Alevín A e B, Benxamín A e B: probas médicas e primeiro adestramento pendentes de confirmación.