RCD / NOVAS

Cambios no calendario de volta aos adestramentos de #anosacanteira

30/07/2020 13:54

En atención á situación sanitaria xeral actual provocada pola COVID-19 e ao atraso nos prazos na tramitación das licenzas dos futbolistas, os equipos masculinos de #anosacanteira aprazan unha semana o regreso inicialmente previsto ao traballo.

Entre o 10 de agosto (Fabril e xuvenís) e o 3 de setembro (benxamíns), todos os conxuntos que conforman o fútbol formativo do Dépor irán comezando a súa actividade de cara a afrontar a Temporada 2020-2021 nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo.

Este é o novo calendario de regreso de #anosacanteira:

Fabril: probas médicas 10 e 11 de agosto, primeiro adestramento o día 12 ás 10:30 h.
Xuvenil A: probas médicas 10 e 11 de agosto, primeiro adestramento o día 12 ás 10:45 h.
Xuvenil B: probas médicas 10 e 11 de agosto, primeiro adestramento o día 12 as 11:00 h.
Cadete A: probas médicas 17 de agosto, primeiro adestramento o día 18 ás 10:30 h.
Cadete B: probas médicas 17 de agosto, primeiro adestramento o día 18 ás 10:45 h.
Infantil A: probas médicas 24 de agosto, primeiro adestramento o día 25 ás 10:30 h.
Infantil B: probas médicas 24 de agosto, primeiro adestramento o día 25 ás 10:45 h.
Alevín A: 1 de setembro ás 18:30 h.
Alevín B: 1 de setembro ás 18:45 h.
Benxamín A: 3 de setembro ás 18:30 h.
Benxamín B: 3 de setembro ás 18:45 h.