RCD / NOVAS

Canceladas todas as actividades de #ANOSACANTEIRA en Abegondo

11/03/2020 15:30

Após a suspensión das competicións deportivas por parte da RFEF e a RGFG para os próximos 15 días, o Real Club Deportivo, de acordo coas recomendacións sanitarias, decidiu cancelar todas as actividades do fútbol feminino formativo, do fútbol formativo (de Fabril a Benxamín B) e do Deportivo de LaLiga Genuine, na Cidade Deportiva de Abegondo desde hoxe mesmo e até novo aviso.

Os adestramentos do primeiro equipo serán a única actividade que se desenvolverá nas instalacións branquiazuis nos próximos días.