RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cani ve ''un persoal moi bo, onde hai moitos xogadores en moitos postos optando a xogar''

  Cani dejó claro en rolda de prensa que "o obxectivo que se propuxo o Club, que é o que os ten que pór, non os futbolistas nin os xornalistas, é tentar salvarse sen os apuros do añou pasado, sen ter que esperar ao últim

Ve "un persoal moi bo, onde hai moitos xogadores en moitos postos optando a poder xogar. Vexo, aínda que houbo unha pequena pelexa, un equipo bastante unido, cun bo vestiario".

Confesa o centrocampista branquiazul que o Deportivo "desde fóra vino sempre ben. Unha vez que estiven dentro, pois tamén. É un club familiar. Coñecendo un pouco máis toda a cidade deportiva, o campo... leveime un pouco máis do que cría que era. A cidade deportiva é moi boa, o equipo que se fixo é moito mellor do que en principio para loitar polo descenso, no sentido de que nos podemos salvar sen sufrir tanto".
 
Deixa claro que "entrar en Europa está moi moi moi caro. Dígocho porque veño de equipos que estiveron loitando por outros obxectivos e é moi complicado. Hoxe en día hai moita diferenza de orzamento entre os de arriba e os que están un pouquiño máis abaixo. Que non quere dicir que non che poidas meter".