RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Resultados da Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas do RC Deportivo

Ás 9 da mañá celebrouse a Xunta Xeral Extraordinaria do Real Club Deportivo de La Coruña S.A.D en primeira convocatoria coa participación de accionistas que representaban o 99,6 % do capital social, con presenza de notario.

Todos os acordos adoptáronse por unha maioría próxima ao 99,6% do capital e por unanimidade dos accionistas  presentes na Xunta conforme á Orde do día publicado na páxina web corporativa do Club o pasado 7 de xuño de 2025:

PRIMEIRO: MODIFICACIÓN DOS ESTATUTOS SOCIAIS PARA ADECUALOS Á LEI DE SOCIEDADES DE CAPITAL E Á  LEI 39/2022 DO DEPORTE. APROBACIÓN DA MODIFICACIÓN DOS ARTIGOS 4, 7,14  E 34.

O Consello de Administración propuxo elevar á Xunta de Accionistas a modificación de varios artigos estatutarios, para a adaptación dos Estatutos á Lei 39/2022 do Deporte, xa que a actual redacción dos Estatutos facía referencia á Lei 10/1990 hoxe derrogada, e ao Real Decreto Lexislativo 1/2010, de 2 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Sociedades de Capital.

Por imperativo do artigo 197 bis da referida Lei de Sociedades de Capital, as modificacións estatutarias previstas votáronse separadamente:

1.1.- A Xunta Xeral acorda, por maioría suficiente a modificación do artigo 4 obxecto social para adecualo á disposición do artigo 69.3 da Lei 39/2022 do Deporte, modificando o parágrafo segundo do artigo 4º, para circunscribilo como esixe a referida disposición, a unha única modalidade deportiva: o fútbol, xa que actualmente referíase a unha ou varias modalidades deportivas.

1.2.- Modificación do artigo 7 obxecto social: A Xunta Xeral acorda, por maioría suficiente a modificación unicamente para eliminar a referencia á Lei do Deporte 10/1990 hoxe derrogada e substituíla pola referencia á Lei 39/2022 do Deporte. 

1.3.- Modificación do artigo 14 clases de Xuntas: A Xunta Xeral acorda, por maioría suficiente a modificación  da redacción para adaptala ás disposicións dos artigos 163 a 165 da Lei de Sociedades de Capital (Real Decreto Lexislativo 1/2010, de 2 de xullo), xa que a redacción actual comprendía dentro das Xuntas ordinarias, acordos obxecto de xunta extraordinaria.

1.4.- Modificación do artigo 34, elaboración do orzamento: A Xunta Xeral acorda, por maioría suficiente a modificación da redacción para adecualo  ás disposicións do artigo 95 b) e c) da Lei 39/2022 do Deporte que establecen que a Liga Nacional de Fútbol Profesional ("LALIGA") ten funcións de control e supervisión das S.A.D, en particular de fixación de condicións económicas de participación e mantemento na competición e de prevención da insolvencia das entidades participantes de obrigado cumprimento para todos os clubs adscritos.

SEGUNDO.- ROGOS E PREGUNTAS non foi obxecto de votación

TERCEIRO.- APROBACIÓN FORMAL DO APODERAMIENTO AO CONSELLO PARA PODER ELEVAR A PÚBLICO OS ACORDOS ADOPTADOS